Hoxe falaremos dos zancos. Un xogo moi doado de entender, pero un chisco difícil de practicar.
Que son os zancos?
Os zancos consisten nun pau de madeira cun pequeno saínte elevado uns centímetros do chan no que se acomoda o pé.
En que consiste este xogo?
Para xogar cos zancos temos que colocar os pés nos saíntes dunha certa altura. A persoa, unha vez apoiada, debe ter mobilidade e intentar avanzar cara diante. O tamaño debe ser axeitado á idade dos participantes.
Mestúranse o equilibrio xunto coa habilidade. Precísase de certo adestramento para poder sosterse neles e comezar a dar as primeiras zancadas. Unha vez que se ten certa habilidade, poderase competir en carreiras. Xogo tradicional moi divertido, onde sen dúbida haberá algunha caída que outra. Moitos dos participantes quedarán abraiados coa súa gran destreza.
Por certo, sabedes que os zancos se empregaban para cruzar ríos ou para vixiar as ovellas?