Xogos tradicionais: Os Birlos

O xogo dos Birlos é un xogo tradicional de lanzamento  e de precisión moi antigo, en Galicia a súa práctica foi transmitida polos pobos xermanos durante as peregrinacións a Santiago de Compostela.

Que son os birlos?

Consiste en lanzar unha bóla de madeira a ras do chan cara unhas pezas verticais colocadas ao final da pista. Estas pezas tamén son de madeira e poden ter diversas formas. A intención do lanzamento é derrubar a maior cantidade posible delas. A puntuación será a suma da cantidade de birlos derrubados.

Como se xoga?

O número de birlos que se deben derrubar, vai dende os cinco como mínimo, ata os dezaoito como máximo. A distribución dos birlos pode formar diversos debuxos: unha liña, un círculo, unha cruz, un rombo, un triángulo…. Tanto o número de birlos, como a colocación e situación destes, depende exclusivamente da orixinalidade e o parecer onde se realice o xogo.

Pódese xogar por parellas ou por equipos. O lanzamento faise a pé parado, sen dar carreira. Tírase a bola 3 veces, cada birlo abatido puntúa 3 puntos que serán sumados nas 3 rondas. Gaña quen consiga chegar a 150 puntos.

Se queredes saber máis sobre xogos tradicionais galegos visitade a nosa sección da web Xogos tradicionais.

Share

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×