Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora. Xa está preparando a súa viaxe por moitos recunchos da nosa Terra.
A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Contaravos como é a vida na alta montaña e as súas maravillosas lendas. Para desexarvos un Bo Nadal trae froitos que recolle durante todo o ano e agasallos que fabrica ela mesma. Ven co seu irmán músico André para mergullarse con cancións na súa misteriosa historia onde a Natureza será a gran protagonista.
A maxia e a ilusión da Apalpadora contaxiará a súa comunidade para así conseguir inculcar un mundo mellor. Poñeremos en valor a vida rural respetando así a Natureza e a vida san.