03/08/2016

Xogos tradicionais galegos

velaisca-proxectos-educativos-xogos-tradicionais-7En Velaísca propuxémonos recuperar algúns dos xogos tradicionais e populares, tanto os da nosa comarca como os galegos. Forman parte da nosa cultura, conforman a nosa identidade e permiten que distintas xeracións compartan, xoguen e se divirtan xuntos. Propoñemos un amplo catálogo de xogos e obradoiros nos que os participantes elaboren os seus propios xoguetes.

A maior parte dos nosos xogos tradicionais (descarga o noso catálogo) foron elaborados por carpinteiros e ferreiros chantadinos. Outros mercámolos en feiras de artesanía e uns poucos fixémolos nós mesmas, seguindo as instruccións dos nosos maiores.

OS NOSOS XOGOS TRADICIONAIS:
Contamos con xogos de habilidade, como os Esquís de Parellas, os Aros ou o Murón de tres espigos. Os que xoguen  con eles que poñerán a proba o seu inxenio.

Os xogos de lanzamento permitirán entrenar e mollar a puntería e a precisión dunha maneira lúdica. Ofrecémosvos os xogos de sempre como a Ra, a Chave ou os Birlos. Tamén temos outros máis novidosos  como As pontes ou a Pesca de peixes.

Se queredes probar a vosa concetración e paciencia ofrecémosvos xogos de taboleiro: Tres en raia, Xogo de Holanda, o Muíño…

As xornadas de xogos tradicionais complétanse con obradoiros nos que os participantes serán quen de facer o seu propio xogo. As bonecas feitas con espigas de millo, os tiracoios ou as castañolas de noz son algúns exemplos.

Os xogos tradicionais son ideais para amenizar calquera festa xa que consiguen que toda a comunidade interactúe e goce xogando.

 

Descarga o noso catálogo de xogos tradicionais 

 

 

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×