Neste mes de maio participamos nunhas xornadas máxicas e moi completas na Casa das Árbores. Estivemos encantadas con Anxo Moure e cos diferentes coles que viñeron a visitarnos. Nenos e nenas de Nadela, Guntín e A Cañiza tiveron a oportunidade de ir a un cinema rural, de escoitar contos na Casa das árbores ou de facer un obradoiro de manualidades coa temática da Natureza. Espero que o pasaran tan ben coma nos neste paraxe único!
!