Ler conta moito

Este ano temos a sorte de que un dos nosos obradoiros de dinamización á lectura fose seleccionado para Catálogo de Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

XOGOS GAIOLA 1

A actividade titúlase Os xogos da Gaiola, coa que pretendemos xogar co mundo das letras achegando os libros e a literatura aos máis pequenos a través de minixogos. Recitar poemas de forma enxeñosa, activar a imaxinación reinventando un libro ou responder cuestións sobre contos ou autores serán algunhas das probas, que, dunha maneira lúdica mergullarán aos participantes no mundo dos libros.

Share

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×