03/08/2016

Proxectos educativos

velaisca-proxectos-educativos-obradoiros-creativos-etnoloxia-arqueoloxia-1Ofertamos para Colexios, Institutos e Concellos roteiros e numerosas actividades relacionadas coa historia, a arte, o medioambiente e a sociedade que nos arrodea. Pretendemos motivar o aprendizaxe utilizando unha metodoloxía creativa. Deste xeito cada participante será capaz de elaborar os seus propios coñecementos.

Cremos que a educación formal debe complementarse con outro tipo de actividades que completen os contidos que se traballan dende o currículo escolar. Potenciar a educación en valores, o respecto polo medio ambiente ou as habilidades sociais son os piares das nosas actividades. Para isto, propoñenos diversos proxectos educativos nos que os estudantes participarán activamente motivando a aprendizaxe e o achegamento ao noso Patrimonio.

Os contidos dos nosos Proxectos educativos adáptanse tendo en conta as características do grupo ao que van dirixidos. É importante que os coñecementos se adecúen aos participantes para poder acadar así os obxectivos pedagóxicos requeridos dunha maneira satisfactoria.

Os nosos ámbitos de traballo :

A Historia: con este tipo de Proxectos educativos o alumnado coñecerá a historia dos lugares e xentes que os arrodea.

A Arte: póñense en valor aqueles monumentos ou obras de arte importantes para a comunidade.

Multiculturalidade: realizánse actividades de sensibilización social.

Medio Ambiente: aprendemos a relacionarnos co entorno valorando o medio ambiente.

Excursións e visitas guiadas: roteiros interactivos pola túa vila e a Ribeira Sacra.

 

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×