03/08/2016

Animación infantil

bodaDende Velaísca, organizámosvos divertidos eventos de animación infantil con monitores e xogos alternativos en Galicia. Estamos a falar non só de festas infantiles en vodas, bautizos, cumpres ou comuñóns, senón tamén, de días de festas sinalados no almanaque dunha vila ou dun barrio.

Faremos unha data inesquecible para toda a familia ou a comunidade, con xogos, actividades ou concursos adaptados aos participantes.

Propoñemos divertidas caracterizacións para os participantes, dende pintacaras, disfraces ou complementos que farán as  vosas festas infatiles únicas. Organizamos tamén búsquedas do tesouro e xincanas con probas personalizadas.
Co noso Karaoke os máis pequenos poderán amosar o artista que levan dentro e cos nosos contacontos protagonizarán historias maravillosas. Para rematar a xornada, unha manualidade que fomentará a súa creatividade.

Todas as nosas actividades estarán dirixidas por monitores con ampla experiencia na animación infantil.

Descarga o noso catálogo de festas infantiles

Amosámosvos algunhas das divertidas xornadas  de animación infantil que organizamos:

Cumpreanos temáticos: a Patrulla Canina, os piratas do río Miño ou Mastercheff Junior.

– Trasladámonos a diversos complexos con xogos para que as vodas, bautizos e comuñóns sexan moi divertidas para os máis pequenos.

Olimpíadas infantiles no día da Carreira Popular de Chantada.

Xogos de Nadal no colexio  para dar a benvida ás vacacións.

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×